Ademais da tenda, contamos con obradoiro propio para que a túa maquinaria estea sempre lista para traballar. Estes son os servizos que che ofrecemos:

Reparación de maquinaria a motor
Diagnóstico, reparación e mantemento de motoserras, rozadoras, cortacéspedes, tronzadoras, barrenas de terra e outras máquinas para zonas verdes e traballo forestal.
- Posta a punto e mantemento
- Substitución de pezas gastadas ou avariadas
- Informámoste antes de reparar

Venda de pezas e recambios
Cadeas, espadas, fío e cabezais de rozadora, filtros, bujías e recambios para as principais marcas. Se non o temos, pedímolo.

Afiado
Afiamos coitelos, tesoiras e cadeas de motoserra para que volvan cortar coma o primeiro día.
Pedidos por encarga
Traballamos cun amplo catálogo de provedores. Se o produto que buscas non está na tenda, encargámolo por ti e avisámoste cando chegue.
Asesoramento técnico
Axudámoste a escoller a máquina, a ferramenta ou o recambio axeitado para cada traballo, tanto se es profesional como particular.
Posta en marcha
Cando mercas a túa máquina explicámosche o seu funcionamento e o mantemento básico para que che dure moitos anos.
Tes unha máquina que non arranca?
Tráea á tenda ou chámanos ao 982 541 206 e dirémosche como podemos axudarte.