982 541 206 info@ferreteriaceleiro.com

L–V 9:30–14:00 e 16:00–20:00

Inicio Servizos

Servizos

Reparación de motoserras en Paradela

Ademais da tenda, contamos con obradoiro propio para a reparación de motoserras en Paradela e toda a comarca, para que a túa maquinaria estea sempre lista para traballar. Estes son os servizos que che ofrecemos:

Reparación de motoserras en Paradela – Ferraxería Celeiro Paradela

Reparación de motoserras e maquinaria a motor

Diagnóstico, reparación e mantemento de motoserras, rozadoras, cortacéspedes, tronzadoras, barrenas de terra e outras máquinas para zonas verdes e traballo forestal.

  • Posta a punto e mantemento
  • Substitución de pezas gastadas ou avariadas
  • Informámoste antes de reparar
Venda de pezas e recambios – Ferraxería Celeiro Paradela

Venda de pezas e recambios

Cadeas, espadas, fío e cabezais de rozadora, filtros, bujías e recambios para as principais marcas. Se non o temos, pedímolo.

Afiado de maquinaria - Taller de Ferretería Celeiro

Afiado

Afiamos coitelos, tesoiras e cadeas de motoserra para que volvan cortar coma o primeiro día.

Pedidos por encarga

Traballamos cun amplo catálogo de provedores. Se o produto que buscas non está na tenda, encargámolo por ti e avisámoste cando chegue.

Asesoramento técnico

Axudámoste a escoller a máquina, a ferramenta ou o recambio axeitado para cada traballo, tanto se es profesional como particular.

Posta en marcha

Cando mercas a túa máquina explicámosche o seu funcionamento e o mantemento básico para que che dure moitos anos.

Tes unha máquina que non arranca?

Tráea á tenda ou chámanos ao 982 541 206 e dirémosche como podemos axudarte.

Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Goberno de España. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Red.es. Kit Digital.

Proxecto financiado polo programa Kit Digital, con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.